Prezados equipos!
O xurado xa emitiu as súas valoracións e temos por fin os resultados definitivos. . O documento de valoracións completo pode consultarse neste enlace, (porémolo na páxina principal da Jam, pero queriamos adiantárvolo por aquí; se tedes problema para acceder ao documento avisádenos, aínda que está posto para lectura a quen teña o enlace...).
En resumo, os equipos gañadores son (tachán-tachán...):
- PRIMEIRO PREMIO: "Augardentía"
- SEGUNDO PREMIO: "Un polbo xigante: Lembranzas dende o tren"
- TERCEIRO PREMIO: "Lusdeghás"
Noraboa aos equipos gañadores e, por suposto, ao resto de participantes, que desenvolveron pezas absolutamente marabillosas e excepcionais, algo que recalcou o xurado en diversas ocasións.
Ah, e non nos esquecemos! No documento completo tamén pode consultarse os nomes das persoas que recibirán tamén un xogo para a PS5 segundo sorteo realizado. Que son:
> Iván Alejandro Montes
> Manuel Outumuro
> Iván Iglesias
> Carolina Fernández
> Octavia Russo
Nos vindeiros días contactaremos para tramitar a entrega de premios e de vales de xogos. Moitísmas grazas novamente por participar. Calquera "feedback" para mellorar, por favor, facédonola chegar para tentar mudar cousas e seguir facendo este tipo de iniciativas.
