Play game
Schrödinger's Hand's itch.io pageDescrición do xogo
Xogo de cartas cuánticas.
Obxectivo: chegar á máxima puntuación posible con catro cartas.
Apariencia: na pantalla vemos o montón de cartas de valores (laranxa esquerda), o montón de cartas especiais (azul dereita), as 4 cartas de cada un dos xogadores (arriba a do opoñente e abaixo a propia) e as pilas de descartes no centro. Ademais na parte superior esquerda hai un botón de axuda (”GUIDE”) que mostra un folleto en caso de precisar consultar as funcionalidades das cartas especiais. Na parte superior dereita móstrase o número da ronda e na parte inferior dereita está o botón para rematar o xogo e prantarse (ata a ronda 3 non se pode usar pero xa se mostra en pantalla).
Como se xoga? Ao comezo repártense 4 cartas a cada xogador. A estrutura da partida son rondas de tres fases. A primeira fase será para mirar cartas, primeiro o xogador e logo o rival. A segunda fase da ronda será a de descartes, escóllese unha das cartas propias e arrástrase á pila de descartes da dereita, despois, o opoñente fai o mesmo. A última parte da ronda consiste en coller unha carta especial (que pode ser cuántica) e aplicar o seu efecto, primeiro o xogador e logo o opoñente. Despois comeza unha nova ronda na fase de mirar cartas. O xogo remata ás 10 rondas ou cando o xogador se prante pulsando o botón de “END GAME” (só dispoñible a partir da 3ª ronda).
Hai 5 cartas especiais (2 básicas e 3 cuánticas):
- Revelation: revélase o valor dunha carta aleatoria para todos os xogadores.
- Around the world: cámbianse as mazos entre os xogadores.
- Superposition: o xogador debe escoller unha das súas cartas para cambiala polas dúas últimas cartas da pila de descartes superpostas. É dicir, o valor da carta escollida da man toma o valor superposto das dúas últimas cartas da pila de descartes escollida e non se sabe o valor hasta que a carta se revele ou se descarte.
- Entanglement: o xogador enlaza dúas cartas sen revelalas (é necesario escoller primeiro unha propia e logo outra do rival), ambas tomarán o mesmo valor cando a primeira delas se xogue, mire ou revele.
- Quantum not: invirte o valor dunha carta, a carta máis alta toma o valor da máis baixa e viceversa.
Material externo: shaders sacados de godotshaders.com
Como se relaciona o xogo coa computación cuántica?
**Relación coa cuántica**
Cartas cuánticas:
- Entrelazado (entanglement): seguindo entrelazamento cuántico os xogadores poden aplicar este fenómeno a unha carta propia e outra carta do rival. Ambas cartas toman o mesmo valor e este será determinado cando un dos xogadores mire o valor desa carta ou ben a descarte.
- Superposición (superposition): permite aplicar a superposición cuántica ás dúas últimas cartas dun dos dous mazos de descartes para collela. O xogador coloca na súa man esa nova carta que ten ambos valores á vez ata que se xogue ou mire o valor desa carta, momento no que toma aleatoriamente un dos dous valores.
- Non cuántico (quantum not): seguindo o comportamento da porta non cuántica ou porta de Pauli-X ou porta X esta acción aplícase sobre unha carta aleatoria e fai que esta tome o valor inverso, é dicir, un as toma o valor dun dous e viceversa, un seis toma o valor dun dez e viceversa e a un oito non lle afectaría.
Estética:
- A parte de atrás das cartas especiais incorpora debuxos similares a átomos e ondas.
- O deseño das cartas de personaxes (J, Q e K) nos paus vermellos (corazóns e diamantes) fan un guiño ao gato de Schrödinger estando todas en dous estados á vez, desta forma lendo as cartas de esquerda a dereita conta una historia e lendo de dereita a esquerda as figuras que se atopan boca abaixo conta outra. No deseño das cartas represéntase esa dualidade.
- Pantalla principal reminiscente de partículas.
Música:
- Uso de diversos sintetizadores granulares evocando a interacción de partículas. Buscouse un ton misterioso como o é o campo da cuántica moitas veces.
Leave a comment
Log in with itch.io to leave a comment.







Comments
Moi bo xogo, ben tirada a temática, divertido e completo, estética tamén moi chula. Vexoo coma un dos posibles gañadores, o único que me gustaría ter máis accesible a información sen ter que estar todo o rato abrindo o libro de reglas, quizais o efecto do turno podía aparecer nalgunha parte da pantalla coa súa descripción.