Play game
Phase Shift's itch.io pageDescrición do xogo
Phase Shift é un xogo de puzzles en 2D onde asumes o papel do Suxeito 44, un científico atrapado nun experimento cuántico. A túa conciencia existe en múltiples fases da realidade simultaneamente, e o teu obxectivo é completar 20 niveis antes de que a túa coherencia cuántica colapse (a túa barra de vida).
Mecánica e Instrucións:
Movemento: Por quendas (W/A/S/D).
Fases Cuánticas (Z): Cambias de fase (Vermella, Azul) para atravesar muros da cor oposta (interferencia).
Superposición (ESPAZO): Creas un "Eco Cuántico" que grava e repite as túas accións, permitindo activar varios botóns á vez.
Entrelazamento(E): os enemigos seguen os teus movementos
Obxectivos: Recoller chaves, activar portais e chegar á saída.
Material Propio: o código do xogo (lóxica, física, renderizado), o deseño dos niveis e a implementación das mecánicas cuánticas foron elaborados en linguaxe C.
Material axeno:
Motor: Raylib para o manexo gráfico e de ventá.
Música: opengameart.org
Servizos: Intégrase coa API de IBM Qiskit nun servidor de python.
Como se relaciona o xogo coa computación cuántica?
O xogo integra conceptos fundamentais da mecánica cuántica non só como narrativa, senón como regras xogables:
Superposición: No xogo, ao activar a superposición, o xogador existe en dous estados: a súa posición actual e o "Eco" das súas accións pasadas. Isto simula como un qubit pode estar nunha combinación lineal de estados base (|0⟩ e |1⟩) ata que colapsa.
Colapso da Función de Onda: Os "Detectores Cuánticos" actúan como observadores. Se o xogador pasa pola súa liña de visión, que son como raios, mentres está nunha fase específica, o sistema "mídeo", forzando un estado (fase) estable e reducindo a coherencia, análogo a como medir un sistema cuántico destrúe a súa superposición.
Túneles e Portas Cuánticas: Para atravesar certas barreiras, o xogo conéctase cun servidor real de IBM Qiskit. Aplícase unha porta Hadamard para crear unha superposición real no backend, cuxa medición determina cun 50% de probabilidade se o xogador logra atravesar o muro ou sofre unha penalización de decoherencia
Entrelazamento: Na mecánica do xogo, ao interactuar cun inimigo (como os "Colapsores"), os teus movementos sincronízanse cos del. Se ti avanzas, o inimigo móvese de forma idéntica e simultánea, sen importar a distancia que vos separe dentro do nivel. Isto é unha analoxía directa do entrelazamento cuántico real, onde dúas partículas (ou qubits) pasan a compartir un único estado cuántico unificado.
Leave a comment
Log in with itch.io to leave a comment.





Comments
Deseando probarlo. La entrada es total. Con verla se me dispara una sonrisa!
Só cheguei ata o nivel 6, porque a dificultade do xogo é un pouco elevada. Está moi interesante, volverei a probalo con máis tempo. Sen dúbida as mecánicas amosadas no xogo están bastante ben, pero a curva de aprendizaxe debería ser máis suave, ter textos ingame (non só ao principio) e si que boto en falta un selector de niveis (entendo que nunha Game Jam son cousas menos importantes que o pulido dos puzzles).
Noraboa!
Hola, el juego guarda en formato binario el nivel desbloqueado en los primero 4 bytes del archivo savegame.dat en Integer (Little Endian). Si quieres probar un nivel específico, abre el archivo savegame.dat con un Editor Hexadecimal (en Emacs
M-x hexl-mode) y escribe en los primeros 4 bytes un valor hex entre 0 y 19