Play game
El bosuqe de Schrödinger's itch.io pageDescrición do xogo
Neste xogo, o famoso físco, Erwin Schrödinger, perdeu ao seu gato nunha paisaxe rocosa moi galega e precisa da túa axida para recuperalo. O teu obxectivo será atopar o gato e devolvelo á súa casa antes de que o que se levou ao gato che leve a ti tamén.
Como se relaciona o xogo coa computación cuántica?
Neste xogo, implementamos os seguintes conceptos de cuántica:
1. Colapso de función de onda: O sistema que crea o labirinto principal está creado por un algoritmo procedural baseado no principio cuántico da función deonda. Parte dunha lista de posicións posibles en cada punto e asuma que todos os puntos están nunha superposición de todos os estados posibles. A partir disto, podemos obter unha cantidade infinita de labirintos distintos, un para cada partida. Así, cada instancia deste xogo é distinta da anterior.
2. Principio de incertidumbre de Heisemberg: Esta xa é máis creativa, pero o gato tamén ten propiedades cuánticas (por algo é o gato de Schrödinger) e, como tal, sofre dos efectos da incertidume. Así, cada certo tempo, o gato cambiará de lugar, de forma que so podes saber a posición do gato cada certo tempo (ata que o atopas e te entrelazas con el, claro está).
3. Entrelazamento: Se un se fixa no xogo na parte superior dereita, verá ou un símbolo dun sol ou un dunha lúa. Este estado serve como indicador de que a pantasma estase a mover, pois únicamente pódese mover se é de noite.
4. Qubits: Este sistema de día e noite está baseado nos qubits da computación cuántica, de forma que nunca se sabe cando pasará o día a ser noite ou viceversa.
Leave a comment
Log in with itch.io to leave a comment.


Comments
Mira un trailer: https://www.linkedin.com/posts/josefina-luisa-a-62420a183_mockup-quantumabrgame-...
Encántame a arte feita a man para o videoxogo. Fáltalle algo de texto (historia, contexto), tanto sobre o que sucede como de historia ingame. Unha mágoa, porque cun pouco máis de traballo nese sentido sería unha proposta moi sólida.
Tamén que non “acabe” o xogo, unha vez atopas o ghato fedello, hehe (polo menos, unha vez con el non podía moverme apenas).
Noraboa por un arte e unha proposta orixinais.
Moitas grazas polo feedback! É certo que eu e a miña compañeira tiñamos ideas bastante máis completas e ambiciosas para o xogo, pero polo tempo non puideron ser moitas cousas. Pero polo menos quedamos satisfeitos no sentido de que puxemos unha proposta un pouco orixinal e porque decidimos facer unha estética un pouco distinta (aínda que igual saiunos o tiro pola culata co do tempo jajaja)
Como a todos, non vos preocupedes. No noso caso tiñamos pensadas máis mecánicas e historia… E tivemos que reducir o marco bastante, hehe. O dito, a orixinalidade dun espazo procedural feito a man e usar recursos debuxados en papel é algo fantástico ^^
Boa idea o do texto. Gracias polas observacions!
Graciasss! Quixemos facer un guiño a Mariamo Mussa Juane, PhD facendo bocetos rápidos e usando as mesmas cores nos elementos ca no seu debuxo do Qumio. Tamen era un xeito de homenaxear a "ilustración tradicional" nun contexto no que compite coa producida pola "IA". Inspireime na Santa Compaña e na Arquitectura Galega pra a casa e o monstruo dando protagonismo a Galicia. Foi divertidísimo facer equipo con kaniko7. Debuxar a contrareloxo ata o último minuto facendo equipo molou un montón. Kaniko7 e o millor compañeiro que podes ter!!!!
Hehehe, que fantástico!! O contexto deste comentario fai o voso proxecto aínda mellor ^^
Ti si que es ainda millor! Moitas gracias polos teus comentarios positivos e por darle tan boa vibra o concurso probando e comentando todolos games!