Play game
The Quantumrooms's itch.io pageDescrición do xogo
Martomeu Bonserrat, ou Quantonio para os amigos, é un investigador empeñado en descubrir e desentrañar os segredos da computación cuántica. Créndose máis listo que ninguén, fabrica coas súas propias mans o computador cuántico definitivo, o Qmión (32³² qubits aproximadamente). Pero... cando o acende, algo sae mal e é transportado ao interior do superordenador, neste novo mundo, rexido polas leis cuánticas, debe adaptarse, explorar e sobrevivir se quere atopar a saída ao "mundo clásico".
━━━━━━━━━━━━━━━━━━━━━━━━━━
Controis:
- WASD / Frechas de dirección: Movemento
- ESPACIO / INTRO / E: Interactuar
━━━━━━━━━━━━━━━━━━━━━━━━━━
Como xogar:
- Explora as diferentes salas, atoparas obxectos e pistas que che axudarán na túa aventura.
- Para escapar do mundo cuántico, tes que atopar catro compoñentes para recrear un túnel cuántico.
━━━━━━━━━━━━━━━━━━━━━━━━━━
O único material co que traballamos alleo á nosa producción son algúns efectos de son (a música tamén é nosa), que aparecen citados nos créditos do xogo.
Como se relaciona o xogo coa computación cuántica?
O noso equipo, alleo a este mundo ata a participación na jam, decidiu tomalo coma un reto e un bo exercicio de aprendizaxe e deseño. Deste modo ao longo da semana estivemos recopilando información e adaptándoa ao noso xogo, intentando tocar un pouco de todo o que nos parecía que podía aportar algo ao tema, partindo da base de que a computación cuántica é un tema complexo e en constante evolución.
Con todo, decidimos darlle certo toque humorístico ao xogo, xa que moitas das definicións que atopamos da cuántica eran frases coma "non intentes entendela", "é un mundo de imposibles reais, etc etc" e que moitos expertos bromeaban con isto mesmo.
No noso xogo o protagonista fabrica un ordenador cuántico tan potente que transporta o seu corpo físico ao mundo cuántico (representado neste caso coma o interior do propio superordenador). Este mundo segue as leis da cuántica, coma a de superposición, xa que o protagonista avanza en múltiples "universos" / salas á vez, pero que se deteñen cando o xogador as observa (que sería a sala actual na que estaríamos), ao cambiar de sala, o xogador non pode observar á personaxe durante unha fracción de segundo e isto provoca que agora pasemos á observar outra sala, é dicir, outro punto na "ruta" da partícula.
Para escapar do lugar, o protagonista vai tratar de recrear o premio nóbel do ano 2025, que básicamente consistiu en demostrar a capacidade de levar conceptos cuánticos ao mundo clásico, mediante os conceptos do túnel cuántico e un circuito eléctrico. Non hai moita información "lixeira" respecto á composición do propio circuíto, sendo o máis lexible algúns exemplos publicados na páxina dos Nóbel, polo que nos imaxinamos dentro do xogo como podería levar esto a cabo segundo os compoñentes necesarios para fabricalo. O protagonista logra escapar ao recrear o efecto de túnel cuántico, que permite atravesar unha barreira e, ao ser él mesmo cuántico nese momento, reverte o efecto que o levou ao mundo cuántico en primeiro lugar.
Para representar o mundo cuántico, xogamos moito co tema da auga, ao comportarse as partículas coma ondas, e co feito de ser transportados ao propio supercomputador, para o que lle demos un look que mezcla unha piscina con compoñentes cibernéticos varios. Ademáis de tomar inspiración do fenómeno "backrooms" que xoga moito coa liminalidade e levar cousas imposibles ao mundo real.
Polo demáis, engadimos referencias a múltiples celebridades, teorías populares (Schrödinger, etc...) así coma o noso humor característico.
PD: Moitos dos diálogos tamén teñen un compoñente aleatorio e sairán diferentes frases en cada partida.
Leave a comment
Log in with itch.io to leave a comment.


Comments
Me lo compraría!
Xogada versión web. Sen dúbida o humor cuántico é o que máis caracteriza este xogo. Xa sexa en pezas de baño, cadeiras universitarias ou axendas que provocan bancarrotas, botei unhas cantas gargalladas e flipei coas distintas descricións e modificacións do personaxe.
Aínda que reunín algunhas pezas, non fun capaz de rematar o xogo. Chegou un momento que a miña paciencia colapsou en cero… XDD Non poder saber cantas pezas faltan ou que poidas ir polo “monte a través”, rompían un pouco a experiencia no meu caso.
Boas, grazas polo teu comentario cuántico. Sobre o de ir "monte a través" decatámonos cando o tiñamos subido PERDÓN, somos a vergonza do debugueo. En canto ao de saber as pezas, Quantonio menciona os catro compoñentes que necesita, info que podes repetir comprobando o banco de traballo da sala principal e tamén se menciona cada un dos compoñentes cando os consigues, pensamos que este método era máis óptimo de cara a jam antes de programar máis cousas JAJAJA. Con todo é bo feedback e si que estaría ben meter un caderno con "checks", por exemplo recollendo a axenda cuántica.