Play game
El bosuqe de Schrödinger's itch.io pageDescrición do xogo
Neste xogo, o famoso físco, Erwin Schrödinger, perdeu ao seu gato nunha paisaxe rocosa moi galega e precisa da túa axida para recuperalo. O teu obxectivo será atopar o gato e devolvelo á súa casa antes de que o que se levou ao gato che leve a ti tamén.
Como se relaciona o xogo coa computación cuántica?
Neste xogo, implementamos os seguintes conceptos de cuántica:
1. Colapso de función de onda: O sistema que crea o labirinto principal está creado por un algoritmo procedural baseado no principio cuántico da función deonda. Parte dunha lista de posicións posibles en cada punto e asuma que todos os puntos están nunha superposición de todos os estados posibles. A partir disto, podemos obter unha cantidade infinita de labirintos distintos, un para cada partida. Así, cada instancia deste xogo é distinta da anterior.
2. Principio de incertidumbre de Heisemberg: Esta xa é máis creativa, pero o gato tamén ten propiedades cuánticas (por algo é o gato de Schrödinger) e, como tal, sofre dos efectos da incertidume. Así, cada certo tempo, o gato cambiará de lugar, de forma que so podes saber a posición do gato cada certo tempo (ata que o atopas e te entrelazas con el, claro está).
3. Entrelazamento: Se un se fixa no xogo na parte superior dereita, verá ou un símbolo dun sol ou un dunha lúa. Este estado serve como indicador de que a pantasma estase a mover, pois únicamente pódese mover se é de noite.
4. Qubits: Este sistema de día e noite está baseado nos qubits da computación cuántica, de forma que nunca se sabe cando pasará o día a ser noite ou viceversa.



Leave a comment
Log in with itch.io to leave a comment.